Novas

Venres, Novembro 12, 2010

A seguridade laboral e as enfermidades profesionais, obxecto de atención no IV Encontro de Mariscadores de Recursos Específicos

A Consellería do Mar está a organizar o IV Encontro de Mariscadores de navalla e ourizo que se celebrará en Santiago de Compostela o 19 de novembro, no que se agarda a participación de preto de 150 profesionais dos recursos específicos.

A directora do ISSGA asistirá a este encontro, acompañada por técnicos do instituto, ao obxecto de achegar aos profesionais do marisqueo toda a información relacionada coa seguridade laboral no seu sector de actividade, en resposta ao especial protagonismo que terán nesta edición as cuestións vencelladas á seguridade na explotación dos recursos mariños mediante técnicas de mergullo.

Entre outros, constituirase unha mesa de traballo específica sobre seguridade no desempeño do marisqueo e celebraranse debates sobre enfermidades profesionais no colectivo de mariscadores adicados á recolección de recursos mariños con mergullo.