Mércores, Maio 08, 2024
Reunión en Oviedo do Grupo de investigación e epidemioloxía da Axenda nacional para a prevención do cancro de orixe laboral
Oviedo, 8 de maio de 2024. O grupo de investigación e epidemioloxía tivo a súa terceira reunión en Oviedo na sede do Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais os días 7 e 8 de maio.
Neste grupo están representadas as CCAA, a AGE e as sociedades científicas de medicina do traballo, epidemioloxía e oncoloxía.
Nas estatísticas de enfermidades profesionais destaca a escasa representatividade do cancro laboral. Por iso faise necesario promover un mellor coñecemento epidemiolóxico do cancro e mellorar os sistemas de información epidemiolóxica e a epidemioloxía laboral de campo.
Ao longo destes dous días de reunión perfiláronse e debatido unha serie de propostas, medidas e prioridades, así como aos actores implicados.
É necesario impulsar a vixilancia epidemiolóxica do cancro laboral e os estudos epidemiolóxicos por esta enfermidade, mellorar e homoxeneizar os sistemas de comunicación de sospeita de cancro ocupacional e os sistemas de rexistro de enfermidades profesionais existentes. Hai que promover a formación sobre cancro laboral entre os facultativos do servizo público de saúde e dos servizos de prevención e das mutuas. Outro punto de interese é identificar fontes de información sobre cancro laboral e promover a inclusión de variables laborais.