Mércores, Setembro 17, 2025
Reunión dos membros do Grupo de Traballo Sílice Cristalina Respirable
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) participa nunha reunión do Grupo de Traballo (GT) sobre Sílice Cristalina Respirable na que os membros do grupo debateron sobre a aprobación do documento base e o documento de propostas do GT para abordar os riscos laborais derivados da exposición á sílice cristalina respirable en diversos sectores. Este grupo de traballo continuará coa súa labor nos vindeiros meses, co obxectivo de seguir elaborando propostas e solucións para mitigar os riscos nos sectores máis expostos a este tipo de contaminación, como a minería, a construción, etc
O ISSGA ven desenvolvendo dende o momento da súa creación diferentes actuacións dirixidas á mellora das condicións de traballo nas empresas nas que pode haber exposición a SCR mediante estudos epidemiolóxicos médico-técnicos, publicacións dirixidas ao sector, grupos de traballo específicos, desenvolvemento de programas de asesoramento e control e xornadas técnicas entre outros, tendo sempre como obxectivo final a erradicación da silicose na nosa comunidade autónoma.