Novas

Martes, Marzo 31, 2015

Reunión dos Institutos de Seguridade e Saúde Laboral do litoral Cantábrico Noroeste

Reunión dos Institutos de Seguridade e Saúde Laboral do litoral Cantábrico Noroeste

Bilbao, 31 de marzo de 2015. Hoxe tivo lugar en Bilbao unha xuntanza na que participaron as direccións dos Institutos de Seguridade e Saúde Laboral das comunidades autónomas do litoral Cantábrico Noroeste de España (País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia) co obxectivo de avanzar na colaboración que veñen desenvolvendo e buscar novas liñas de traballo conxuntas.

Froito da estreita colaboración levada a cabo nos últimos anos podemos destacar a publicación da ‘Guía de Vixilancia da Saúde para o sector da pesca”, que ten como finalidade primordial ofrecer unha correcta orientación e uns instrumentos para implantar de forma adecuada a vixilancia específica da saúde das persoas traballadoras no sector pesqueiro, de tal maneira que se poida garantir o seu dereito á protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.