Novas

Luns, Xullo 06, 2026

Reunión do subgrupo (sgt) vixilancia da saúde no sector agrario da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST)

imaxe reunión cnsst sector agrario

A Coruña, 6 de xullo de 2026

Esta semana tivemos unha nova reunión do subgrupo de vixilancia da saúde do sector agrario  da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo. Xa temos finalizados os varios documentos nos que traballou este subgrupo:

  • Varios trípticos para informar sobre as enfermidades profesionais no sector agrario dirixidas  á empresa, persoas traballadoras, médicos do servizo de prevención, da mutua e da atención primaria e hospitalaria. 

  • Un documento mais extenso sobre as enfermidades profesionais neste sector.

Neste subgrupo está a participar Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da Área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga.

O Issga ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación o sector agrario. 

As accións deste grupo están en liña coa EESST 2023-2027 co obxectivo de mellorar a prevención e detección das enfermidades profesionais(EP) no sector agrario e coa Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e co Plan de Actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) .