Luns, Marzo 31, 2025
Reunión do subgrupo (SGT) vixilancia da saúde no sector agrario da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST)
A Coruña, 31 de marzo de 2025
Hoxe tivo lugar unha reunión do subgrupo de vixilancia da saúde do sector agrario da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no que está a participar o ISSGA. O Issga ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación, o sector agrario.
Neste subgrupo participa do Issga Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga.
As accións deste grupo están en liña coa EESST 2023-2027 co obxectivo de mellorar a prevención das enfermidades profesionais (EP) no sector agrario e mellorar a vixilancia da saúde.
Por este motivo traballarase na actualización dos documentos que xa elaborou o subgrupo e nos que participou o Issga:
-
Documento “Enfermidades profesionais no sector agrario” e o “Tríptico”.
-
Documento “Guía da Vixilancia da saúde do sector agrario”.