Luns, Marzo 30, 2026
Reunión do subgrupo (SGT) de vixilancia da saúde do sector agrario da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST)
A Coruña, 30 de marzo de 2026
Onte tivo lugar unha nova reunión do subgrupo de vixilancia da saúde do sector agrario da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no que está a participar Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga.
Xa temos finalizados os dous documentos nos que traballou este subgrupo:
-
Un tríptico para trasladar as persoas traballadoras información sobre que facer ante unha enfermidade profesional no sector agrario
-
Un documento mais extenso sobre as enfermidades profesionais neste sector.
O Issga ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación, o sector agrario.
As accións deste subgrupo están en liña coa EESST 2023-2027 co obxectivo de mellorar a prevención das enfermidades profesionais(EP) no sector agrario e mellorar a vixilancia da saúde.