Novas

Martes, Abril 01, 2025

Reunión do subgrupo (SGT) da transición dixital da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo

imaxe de transición dixital

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025

Hoxe martes tivo lugar unha reunión do subgrupo de traballo da transición dixital da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no que está a participar o ISSGA.

O ISSGA participa no Grupo de Traballo “Transición Dixital, Ecolóxica e Demográfica”, o que pertence este subgrupo. As accións deste grupo están en liña coa Estratexia Española en Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027 co obxectivo de xestionar a transformación dixital, ecolóxica e demográfica, así coma o cambio climático, dende a óptica preventiva.

Neste subgrupo da transición dixital participa César André Rivas, Xefe da sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga, e nel participan diferentes representantes / interlocutores da Administración Xeral do Estado, os Institutos das Comunidades Autónomas, as Organizacións Empresariais e as Organizacións Sindicais.

Con motivo da reunión, debateuse entre os asistentes sobre as propostas e preferencias do subgrupo sobre os proxectos a elevar o grupo de traballo.