Mércores, Marzo 19, 2025
Reunión do subgrupo de valoración de casos da rede sentinela 01 - cancro de seos paranasais
A Coruña, 19 de marzo de 2025
Hoxe mantivemos unha nova reunión do proxecto de investigación “Rede sentinela de tumores de orixe laboral de Cancro de seos paranasales“ en colaboración co INSST, ISCIII, SEOM, CCAA e a ENMT, para estimar a infra-notificación deste tipo de tumores e identificar os factores de exposición laboral.
Neste proxecto participa do Issga Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosociología Aplicada do Issga, na valoración de casos como especialista en Medicina do Traballo.
No grupo valóranse casos que acoden ao servizo de oncoloxía co diagnóstico de cancro de seos paranasales. O paciente cumplimenta un cuestionario consensuado no grupo no que se recollen antecedentes laborais de exposición de risco, profesión, tempos de exposición laboral, entre outras variables.
O oncólogo comunicará o caso como sospeita de enfermidade profesional segundo recolle o artigo 5 do Rd 1299/2006, logo da valoración do especialista en Medicina do Traballo da CCAA na que se detectou o caso e da posta en común na reunión periódica do grupo.
Esta actuación ven contemplada na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e é unha acción contemplada no Plan de actuación do Issga 2024 e 2025.