Novas

Martes, Maio 14, 2024

Reunión do subgrupo de enfermidades profesionais do sector pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo

14 de maio de 2024. Hoxe tivo lugar unha reunión do subgrupo de enfermidades profesionais (EP) do sector pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) e no que está a participar o ISSGA.

O Issga ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación o sector de pesca e as mulleres do mar, entre as que se inclúen redeiras, mariscadoras e percebeiras. Cada ano desenvolve accións de sensibilización e asesoramento técnico co obxectivo de mellorar, sempre da man do colectivo, as condicións de seguridade e saúde laboral, axudando á mellor identificación das enfermidades profesionais propias da súa actividade e promovendo a súa prevención.

As accións deste grupo están en liña coa EESST 2023-2027 co obxectivo de mellorar a prevención das enfermidades profesionais(EP) no sector pesqueiro, a través dos seguintes obxectivos específicos:

  • Mellorar a formación e información específica dos profesionais sanitarios dos servizos de prevención, da atención primaria de saúde e das entidades xestoras e colaboradoras do sistema da Seguridade Social en relación cos riscos profesionais neste sector e as súas enfermidades profesionais
  • Este documento servirá para realizar campañas informativas dirixidas ás persoas traballadoras sobre o que é a vixilancia da saúde e os seus beneficios e sobre o que poden esixir