Novas

Venres, Abril 10, 2026

Reunión do subgrupo de enfermidades profesionais do sector pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo(CNSST)

imaxe redeiras

A Coruña, 10 de abril de 2026

Hoxe  tivemos unha nova reunión do subgrupo de enfermidades profesionais do sector pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no que está a participar do Issga , Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía. 

O Issga ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación o sector de pesca e as mulleres do mar.

As accións deste grupo están en liña coa EESST 2023-2027 co obxectivo de mellorar a prevención e detección das enfermidades profesionais(EP) no sector pesqueiro e coa Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e co Plan de Actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga).

Os documentos nos que se esta a traballar pretenden por un lado mellorar a formación e información específica dos facultativos médicos dos servizos de prevención, da atención primaria de saúde e das entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social en relación cos riscos profesionais e as enfermidades profesionais nesta actividade. E por outro lado orientar ás persoas traballadoras no sector para facilitarlles información sobre enfermidades profesionais máis frecuentes e procedementos de actuación ante a unha posible enfermidade profesional.