Novas

Domingo, Maio 04, 2025

Reunión do subgrupo de enfermidades profesionais do sector pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo(CNNST)

A Coruña, 4 de maio de 2025

Hoxe  tivemos unha nova reunión do subgrupo de enfermidades profesionais do sector pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e no que está a participar o ISSGA. O Issga ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación o sector de pesca e as mulleres do mar.

Neste subgrupo participa do Issga Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga. 

As accións deste grupo están en liña coa EESST 2023-2027 co obxectivo de mellorar a prevención e detección das enfermidades profesionais(EP) no sector pesqueiro,  e estase a traballar na elaboración de dous documentos técnicos:

  • Un dirixido a mellorar a formación e información específica dos facultativos médicos dos servizos de prevención, da atención primaria de saúde e das entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social en relación cos riscos profesionais e as enfermidades profesionais nesta actividade.

  • Outra publicación dirixida ás persoas traballadoras no sector para facilitarlles información sobre enfermidades profesionais máis frecuentes e procedementos de actuación ante a unha sospeita de enfermidade profesional.