Martes, Marzo 18, 2025
Reunión do subgrupo de enfermidades profesionais do sector pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST)
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025
Hoxe tivo lugar unha nova reunión do subgrupo de enfermidades profesionais do sector pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e no que está a participar o ISSGA. O Issga ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación o sector de pesca e as mulleres do mar.
Neste subgrupo participa do Issga Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga.
As accións deste grupo están en liña coa EESST 2023-2027 co obxectivo de mellorar a prevención das enfermidades profesionais(EP) no sector pesqueiro, e estase a traballar na elaboración de dous documentos técnicos:
-
Un dirixido a mellorar a formación e información específica dos facultativos médicos dos servizos de prevención, da atención primaria de saúde e das entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social en relación cos riscos profesionais e as enfermidades profesionais nesta actividade.
-
Outra publicación dirixida ás persoas traballadoras no sector para facilitarlles información sobre enfermidades profesionais máis frecuentes e procedementos de actuación ante a unha sospeita de enfermidade profesional.