Mércores, Febreiro 26, 2025
Reunión do ISSGA con ANFACO-CECOPESCA
Santiago, 26 de febreiro de 2025
No noso Plan de actuación para o 2025 figura unha colaboración en materia de prevención de riscos laborais e promoción da saúde no traballo con ANFACO-CECOPESCA para a mellora da seguridade e saúde laboral na industria conserveira.
Hoxe iniciamos coa xerente do ISSGA e especialistas en medicina do traballo e ergonomía e psicosociología aplicada e coa asistencia do Secretario Xeral de ANFACO-CECOPESCA, a Directora de RRHH e Relacións Laborais e a Responsable de Prevención de Rochas Laborais de Jealsa a primeira reunión para sentar as bases do que será a colaboración.
En 2025 faranse visitas ás empresas e o estudo de como se realizan os traballos e isto terminará coa publicación e difusión de documentos técnicos que axuden na mellora da xestión da PRL e na promoción de estilos de vida saudables no ámbito laboral.