Xoves, Febreiro 27, 2025
Reunión do ISSGA coa DXT no marco do protocolo de colaboración
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2025
No día hoxe tivo lugar unha reunión da comisión de seguimento do protocolo de colaboración entre o Issga e a DXT na que se estableceron as actuacións para desenvolver de forma conxunta durante o 2025:
-
De intercambio de información estatística de sinistralidade que serve a ambos os organismos para desenvolver mellor o traballo.
-
Para o manexo seguro do tractor.
-
De formación coa realización xornadas técnicas sobre somnolencia na condución dirixidas a condutores profesionais.
-
Para establecer redes con asociacións de transporte en autobús e servizos de prevención de riscos laborais do sector para chegar a máis destinatarios.