Martes, Xaneiro 28, 2025
Reunión do Issga coa Asociación de SQM Galicia
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025. Hoxe tivo lugar unha reunión na modalidade de videoconferencia coa Asociación de Sensibilidade Química Múltiple de Galicia (SQM Galicia) e o ISSGA co obxectivo de realizar os primeiros contactos para un traballo conxunto de sensibilización e prevención no ámbito laboral.
Acordouse a realización dun grupo de traballo multidisciplinar, onde terá protagonismo a propia asociación de SQM Galicia, para planificar e deseñar unha campaña para un colectivo cunha enfermidade pouco coñecida que se enfronta a situacións de exclusión social e vulnerabilidade e acadar estratexias de comunicación para que esta campaña chegue a servizos de prevención de riscos laborais, asociacións de técnicos de prevención, asociacións científicas e axentes sociais para que implementen as medidas oportunas nos respectivos centros de traballo.