Mércores, Abril 22, 2026
Reunión do grupo técnico de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026
Hoxe reuniuse o grupo técnico de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral (CGSSL). O CGSSL é o órgano de participación e asesoramento da administración da Xunta de Galicia de todos os axentes implicados na prevención dos riscos laborais. Neste grupo, que foi posto en funcionamento no ano 2012 por mandato do CGSSL e que coordina o Issga, participa persoal técnico da administración e das organizacións sindicais e empresarial.
Na reunión analizouse o informe relacionado coa tramitacións dos plans de traballo en Galicia do ano 2025, o proxecto de novo real decreto de amianto que foi sometido a audiencia e información pública e compartiuse información sobre a actividade desenvolvida polo Equipo de Valoración de Vítimas do Amianto de Galicia posto en funcionamento o pasado 27 de outubro de 2025.