Venres, Outubro 17, 2025
Reunión do grupo técnico de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2025
Hoxe tivo lugar na sede do Issga en Santiago de Compostela unha reunión do grupo técnico de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, que foi posto en funcionamento no ano 2012 por mandato do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral e é coordinado polo Issga. Nel participa persoal técnico da administración e das organizacións sindicais e empresariais.
Na reunión analizáronse os informes de execución de amianto do issga dos anos 2023 e 2024, tratáronse as principais novidades que supón a Directiva (UE) 2023/2668 do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de novembro de 2023, pola que se modifica a Directiva 2009/148/CE sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao amianto durante o traballo, e as propostas de modificación do contido do Real decreto 396/2006 para a súa concordancia coa Directiva 2023/2668 aprobadas pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no traballo, e salientáronse diferentes aspectos do Real decreto 483/2025, do 17 de xuño, polo que se establecen os requisitos e se regula o procedemento para recoñecer o dereito á compensación económica para as vítimas do amianto.