Martes, Maio 07, 2024
Reunión do grupo técnico de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024. Hoxe tivo lugar na sede do Issga en Santiago de Compostela unha reunión do grupo técnico de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, que foi posto en funcionamento por mandato do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral e é coordinado polo Issga, e no que participan técnicos da administración e das organizacións sindicais e empresariais.
Nesta reunión abordáronse os seguintes asuntos:
-
Análise do informe de execución de amianto en Galicia ano 2022
-
Obxectivos estratéxicos e operativos en materia de amianto recollidos na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027
-
Plans e programas relacionados co amianto recollidos no Plan de actuación do ISSGA 2024
-
Creación da Rede Interterritorial de SST: RISST. Grupo de traballo de amianto asociado a esta rede e subgrupos en funcionamento
-
Fondo de compensación para as vítimas do amianto