xoves, Febreiro 3, 2022

Reunión do Grupo técnico de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2022.  Hoxe reuniuse por videoconferencia o grupo técnico de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral que foi posto en funcionamento por mandato do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral e é coordinado polo Issga e no que participan técnicos da administración e das organizacións sindicais e empresariais.

Nesta reunión,  a décimo sétima dende que comezou a súa andadura no ano 2012:

  • Analizáronse os informes relacionados  coa tramitacións dos plans de traballo en Galicia e nas diferentes CCAA
  • Achegouse información sobre os talleres de prevención de traballos con amianto postos en marcha polo Issga que se levaron a cabo  a finais  do 2021
  • Examinouse a nova norma UNE -171370 sobre localización  e diagnóstico de amianto  publicada en xaneiro de 2021