Mércores, Febreiro 15, 2023
Reunión do grupo de traballo técnico no sector forestal do ISSGA
15 de febreiro de 2023. Este grupo de traballo ten como obxectivo a elaboración de documentos formativos e informativos sobre condicións de traballo seguras no sector.
Integran o grupo persoal técnico do ISSGA, a entidade Fearmaga (Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madera de Galicia), as empresas Ence e Finsa, que son referentes do sector da transformación da madeira en España e a Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo
O grupo de traballo rematou a elaboración de carteis sobre a sinalización dos traballos no monte que se presentarán proximamente, enfocados á dobre vertente de advertir da presenza de traballos forestais ao persoal alleo aos aproveitamentos silvícolas e ao mesmo tempo informar ao persoal traballador de pautas de seguridade, uso de EPI, etc.
Os traballos actuais céntranse nun documento sobre zonas de risco, seguridade e distancias nos traballos de aproveitamento forestal.
No Plan de actuacións do ISSGA 2023 o sector forestal inclúese como un sector de actuación prioritaria e preferente, tanto no eido do estudo e investigación de accidentes coma no asesoramento técnico a empresas e promoción da prevención de riscos laborais así como da realización de diversas actividades formativas.