Novas

Venres, Febreiro 04, 2022

Reunión do grupo de traballo Silicose

Santiago, 4 de decembro de 2022. Grupo de Traballo Silicose do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral (CGSSL) reuniuse hoxe por videoconferencia para tratar diversos aspectos relacionados coa saúde e seguridade no traballo.

Este grupo ten un carácter permanente e técnico, e está formado por técnicos do ISSGA, do servizo de enerxía e minas da Vicepresidencia Segunda e Economía, Empresa e Innovación, e de saúde laboral da Consellería de Sanidade, así como por persoal de tres sindicatos máis representativos e da CEG.

Nesta reunión, contouse coa presenza da Xerente do ISSGA (Adela Quinzá-Torroja) que informou das novas incorporacións e da reorientación do grupo, tendo en conta das últimas modificacións producidas con relación ao po de silice; fíxose un repaso da nova normativa e guías técnicas publicadas e valorouse a pertinencia dunha campaña de sensibilización sobre axentes canceríxenos mediante un documento técnico.