Novas

Mércores, Setembro 18, 2024

Reunión do Grupo Cano sobre o manual do recurso preventivo en Bilbao

Imaxe Grupo Cano

O persoal técnico do Grupo CANO, formado polos institutos de seguridade e saúde laborais da cornixa cantábrica (Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi), mantivo durante os días de onte e hoxe reunións na sede de OSALAN para rematar as achegas técnicas con vistas á elaboración dun novo manual sobre a figura do “recurso preventivo”.

Este manual pretende abordar distintos aspectos sobre esta figura preventiva que aparece recollida tanto na Lei de Prevención de Riscos Laborais coma no Regulamento dos Servizos de Prevención, tratando de aclarar en que situacións é necesaria a súa presenza, a quen corresponde o seu nomeamento e cales son as súas peculiaridades no sector da construción, así como aspectos relativos á coexistencia con outras figuras preventivas.