Novas

Xoves, Febreiro 27, 2025

Reunión da Comisión para a integración da igualdade do ISSGA

imaxe reunión de igualdade

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2025

A Comisión para a integración da igualdade do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) reuniuse hoxe en modalidade mixta, presencial e por videoconferencia, para tratar diversos aspectos relacionados coa saúde e seguridade no traballo.

Esta comisión ten un carácter permanente e técnico, e o seu principal obxectivo é asesorar sobre aspectos relacionados coa integración da igualdade nas políticas de prevención de riscos (PRL), así como as actuacións en sectores laborais feminizados ou a protección da maternidade no traballo.

Nesta reunión explicáronse as actuacións do plan do Issga para o 2025 especialmente vinculadas co obxecto desta Comisión, a sinistralidade laboral 2024 co detalle dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais desagregados por sexo, as actividades formativas do Campus de Igualdade Laboral, onde se fixeron suxestións en materia de PRL, e finalizouse coa posta en común das organizacións sindicais e empresariais de accións que destacar para 2025.