Xoves, Marzo 04, 2021
Reunión da Comisión para a integración da igualdade do ISSGA
Santiago, 4 de marzo de 2021. A Comisión para a integración da igualdade do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) reuniuse hoxe por videoconferencia para tratar diversos aspectos relacionados coa saúde e seguridade no traballo.
Esta comisión ten un carácter permanente e técnico, e o seu principal obxectivo é asesorar sobre aspectos relacionados coa integración da igualdade nas políticas de prevención de riscos, así como:
- as actuacións en sectores laborais feminizados;
- a protección da maternidade no ámbito laboral;
- ou en resposta ás peticións de asesoramento que reciba.
Está formada por técnicos do ISSGA, da Unidade Administrativa de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade, así como por persoal dos catro sindicatos máis representativos e da CEG.
Nesta xuntanza presentouse o Plan de actuación do Issga 2021 con especial referencia ás fichas do Plan relacionadas cos fins da comisión, se informou sobre a creación da unidade de referencia COVID-19 no Issga para o entorno laboral e se fixo un balance das principais actividades no 2020 relacionadas cos fins da comisión e con motivo da pandemia polo coronavirus SARS-COV2, entre as que destacamos:
- Traballo dende o primeiro momento da pandemia cara a fortalecer o cumprimento das recomendacións sanitarias e para facilitar asesoramento técnico e especializado na adopción de medidas preventivas fronte a transmisión do coronavirus na contorna laboral en numerosas actividades económicas.
- Entre outras actuacións, elaborouse documentación técnica en forma de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus para diversos sectores e actividades feminizadas en diferentes formatos, así como as correspondentes versións actualizadas en función da evolución da situación:
- Comercio (guía, cartel e folleto, documento con preguntas frecuentes)
- Perruquerías (guía, cartel e folleto, documento con preguntas frecuentes )
- Supermercados (cartel e folleto)
- Tendas de alimentación (cartel e folleto)
- Servizo de empregadas do fogar (infografía e documento técnico)
- Atención a chamadas telefónicas (infografía e documento técnico)
- Servizo de axuda a domicilio (infografía e documento técnico)
- Redeiras (cartel e folleto)