Novas

Mércores, Decembro 01, 2021

Reunión da Comisión para a integración da igualdade do ISSGA

Santiago, 1 de decembro de 2021. A Comisión para a integración da igualdade do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) reuniuse hoxe por videoconferencia para tratar diversos aspectos relacionados coa saúde e seguridade no traballo.

Esta comisión ten un carácter permanente e técnico, e o seu principal obxectivo é asesorar sobre aspectos relacionados coa integración da igualdade nas políticas de prevención de riscos, así como:

  • as actuacións en sectores laborais feminizados;
  • a protección da maternidade no ámbito laboral;
  • ou en resposta ás peticións de asesoramento que reciba.

Está formada por técnicos do ISSGA, da Unidade Administrativa de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade, así como por persoal dos catro sindicatos máis representativos e da CEG.

Nesta xuntanza presentouse a participación do Issga no “Estudo integral con enfoque de xénero, na prevención de riscoslaborais e necesidades preventivas nos buques pesqueiros de Galicia” liderado por Fundamar, explicáronse as conclusións do documento “Análise con perspectiva de xénero sobre as condicións de traballo no sector agrario” do Subgrupo de traballo sobre riscos laborais e xénero no sector agrario da CNSST no que participa o Issga, se indicaron as actuacións formativas en materia de igualdade laboral desde a prevención de riscoslaborais e deuse conta da publicación do documento “Pautas para a integración da perspectiva de xénero naprevención de riscos laborais. Ferramentas para a súa implantación” que se pode consultar a través da web do ISSGA.

Ligazóns de interese

Guía "Pautas para a integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laboráis. Ferramentas para a súa implantación"