Mércores, Marzo 01, 2023
Reunión da Comisión para a integración da igualdade do ISSGA
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2022. A Comisión para a integración da igualdade do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) reuniuse hoxe en modalidade mixta (presencial e por videoconferencia) para tratar diversos aspectos relacionados coa saúde e seguridade no traballo.
Nesta xuntanza presentáronse as actuacións destacadas do Plan de actuación do Issga 2023 en relación cos fins da comisión e información sobre datos en avance de sinistralidade laboral en Galicia, se informou sobre o novo estudo de saúde laboral do traballo das redeiras que está a desenvolver o Issga e se detallaron as principais actuacións en política de igualdade laboral.
Esta comisión ten un carácter permanente e técnico, e o seu principal obxectivo é asesorar sobre aspectos relacionados coa integración da igualdade nas políticas de prevención de riscos, así como:
- as actuacións en sectores laborais feminizados;
- a protección da maternidade no ámbito laboral;
- ou en resposta ás peticións de asesoramento que reciba.
Está formada por técnicos do ISSGA, da Unidade Administrativa de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, así como por persoal dos catro sindicatos máis representativos e da CEG.