Xoves, Novembro 19, 2009
Representantes do ISSGA asistirán as XIV Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro
En consonancia co obxectivo do ISSGA de asistir a foros e encontros profesionais para coñecer de preto as necesidades e a realidade dos traballadores dos distintos sectores de Galicia, a directora do Instituto, Adela Quinzá-Torroja García, e outros técnicos do ISSGA, asistirán as XIV Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, que se celebrarán mañá e o sábado en Celeiro, no municipio lugués de Viveiro.
Este evento está organizado pola Cofradía de Pescadores “Santiago Apóstol” de Celeiro, en colaboración con Puerto de Celeiro S.A., a Fundación Centro Tecnológico de la Pesca (CETPEC), CEPESCA, a Secretaría General del Mar e o Fondo de Regulación y Organización del Mercado de los Productos de la Pesca y Cultivos Marinos (FROM) do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (MARM), e a Consellería do Mar.
Durante estas xornadas trataranse temas como a seguridade marítima e a estabilidade nos buques pesqueiros, o mercado dos produtos do mar, as medidas de apoio á flota pesqueira, a análise da situación da actividade pesqueira na actualidade ou o papel das confrarías no sector, entre outros aspectos.