Novas

Xoves, Outubro 05, 2023

Rematou o curso de PRL na actividade pesqueira en colaboración co INSST

Rematou o curso de PRL na actividade pesqueira en colaboración co INSST

Rande-Redonela, 5 de outubro de 2023. O ISSGA compartiu co Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) a organización desta actividade formativa que se organizou en Galicia dada a actividade que se vén desenvolvendo nos últimos anos na actividades pesqueira e afíns tanto na elaboración de documentación técnica como no asesoramento, seguimento e control ao sector conxuntamente con outros organismos como a Inspección de Traballo e Seguridade Social.

O curso tivo lugar os día 4 e 5 de outubro no Centro ISSGA de Pontevedra (Rande-Redondela) e no Porto de Vigo e contou con preto de 50 participantes.

MOTIVACIÓN

A pesca mariña é unha das actividades económicas con maior índice de sinistralidade laboral. Os estudos levados a cabo revelan que a falta de integración da prevención de riscos laborais nos procesos técnicos, na organización do traballo e nas condicións nas que este se presta a bordo dos buques de pesca, están detrás de moitos dos accidentes que ocorren no sector pesqueiro. Os aspectos relacionados coa xestión das emerxencias son tamén de gran importancia.

Esta realidade pon de manifesto a necesidade de seguir adoptando cantas medidas sexan necesarias para mellorar as condicións de seguridade e saúde dos traballadores da pesca

Esta formación nace no seo grupo de traballo do “Sector Marítimo Pesqueiro" da Comisión Nacional de seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), no que Galicia, a través do seu persoal técnico forma parte xunto con outras comunidade autónomas, con representantes da Administración Xeral do Estado e das organizacións empresariais e sindicais máis representativas. O finalidade deste grupo de traballo é o estudo e análise dos temas específicos do seu ámbito de actuación, así como o seguimento das actuacións derivadas destes estudios.

Aproveitando a realización deste curso ttivo lugar unha reunión do dito grupo de traballo no Centro Issga de Pontevedra o día 4 en sesión de tarde.

A formación impartida tivo unha visión eminentemente técnica e práctica e na súa impartición, ademais do persoal técnico do INSST e do ISM, tamén participou Diego Castro Balboa, técnico de seguridade e saúde laboral do Centro ISSGA_Pontevedra

OBXECTIVO

Incrementar os coñecementos en materia de prevención de riscos laborais no traballo a bordo dos buques de pesca dos profesionais que realizan actuacións preventivas no sector marítimo pesqueiro.

DESTINATARIOS

Inspectores de traballo e seguridade social, inspectores de seguridade marítima, médicos de sanidade marítima, técnicos de prevención de institutos rexionais de seguridade e saúde no traballo, técnicos dos servizos de prevención e outros profesionais que realicen actuacións preventivas en buques de pesca.

CONTIDO

Sesión teórica (4 outubro)_Centro ISSGA de Pontevedra

• Caracterización e sinistralidade no sector pesqueiro

• Características técnicas dos buques de pesca e seguridade marítima

• Seguridade de máquinas e equipos de traballo

• Riscos químicos, físicos e biolóxicos

• Riscos ergonómicos e psicosociais

• Vixilancia da saúde

Sesión práctica (5 outubro)_Porto do Berbés (Vigo)

• Prevención de riscos laborais a bordo do buque

• Protección da saúde e asistencia médica

• Seguridade marítima

• Seguridade de máquinas e equipos de traballo

• Simulacro de emerxencia