Novas

Venres, Novembro 24, 2023

Remata en Pontevedra un curso de formación en prevención de riscos laborais no sector forestal

Remata en Pontevedra un curso de formación en prevención de riscos laborais no sector forestal
  • O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán acolleu acción formativa de carácter práctico centrada na gamificación,
  • Esta formación chegou tamén a Mondoñedo, Tomiño e Boqueixón

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023. Hoxe rematou no CEFA de Lourizán (Pontevedra) a sexta e derradeira edición do cursos de gamificación para avanzar na prevención de riscos laborais no sector forestal.

A iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga); deste xeito, arrancou no mesmo centro no mes de abril e tivo lugar tamén no IES San Rosendo de Mondoñedo e no CFEA de Sergude.

Tiveron lugar seis edicións durante este ano; é unha formación eminentemente práctica con 15 horas lectivas repartidas en tres xornadas e dirixida especificamente a alumnas e alumnos de Formación Profesional. Nas diferentes sesións fíxose uso de ferramentas e aplicacións das que xa dispón o Issga, por exemplo a App Alertas Issga, co propósito de influír de xeito positivo no comportamento das persoas durante o manexo de ferramentas e quipos de traballo empregados no sector forestal.

Esta actuación enmárcase no Plan formativo que o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral desenvolve cada ano para incidir na importancia da prevención de riscos laborais nos sectores produtivos con máis peso en Galicia.