Mércores, Outubro 14, 2020
Recomendacións preventivas ante o coronavirus no canto coral
Estas recomendacións fanse dun xeito xenérico entendendo que en todos os coros amateur a responsabilidade sobre o autocoidado recae na persoa que canta. Nas entidades profesionais ou con fin profesional, será a propia entidade a que deberá crear as condicións necesarias de Protección, Prevención e Seguridade aos seus empregados seguindo as indicacións das autoridades sanitarias e contando co asesoramento do seu Servizo de Prevención.