Novas

Luns, Maio 14, 2018

Realizamos un curso de formación interna sobre cultura preventiva positiva en Santiago

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018. Esta acción formativa, incluída na programación formativa da EGAP, conta coa participación de 22 alumnos e ten unha duración de 16 horas lectivas.

O curso estase a desenvolver no edificio IGAPE_ISSGA en Santiago durante os días 14 e 15 de maio.

As empresas cunha cultura preventiva positiva  coinciden polo menos en tres puntos craves:

  • empezar por arriba (liderado exemplarizante)

  • motivar aos  traballadores (interiorizar a prevención)

  • aprender dos erros (buscar causas e non culpables)

O obxecto do curso é sensibilizar a traballadores e empresarios da importancia da cultura preventiva, e como a actitude que adoptamos en prevención de riscos laborais nos axuda a mellorar o benestar persoal e optimizar deste xeito o rendemento e produtividade das empresas.

O programa ten catro eixos fundamentais que son as estratexias de cambio cultural desde a prevención de riscos laborais (PRL), a xeración de liderado a través da PRL, a motivación no traballo, cando a felicidade é rendible e por último a percepción do risco para mellorar a prevención.

Formación interna

Debido aos numerosos avances no eido da PRL e ao dinamismo da materia, considérase preciso elaborar unha oferta formativa para o persoal do Instituto que inclúa cursos de formación sobre temas relacionados coa seguridade e saúde laboral, co fin de actualizar e afondar os seus coñecementos relacionados coas actividades que desenvolve, ou con temas preventivos novos e de actualidade sobre PRL.