Novas

Xoves, Febreiro 15, 2018

Realizamos no centro ISSGA da Coruña a primeira das xornadas sobre novas ferramentas formativas e a súa aplicación en materia de seguridade e saúde laboral

Realizamos no centro ISSGA da Coruña a primeira das xornadas sobre novas ferramentas formativas e a súa aplicación en materia de seguridade e saúde laboral

O centro ISSGA da Coruña acolleu hoxe a xornada técnica “Novas formas de formación en prevención de riscos laborais: gamificación e realidade virtual” na que se fixo unha radiografía da formación en prevención de riscos laborais, se analizaron diferentes opcións para dar resposta á obriga de formar os traballadores en materia preventiva e se fixo fincapé nas novas ferramentas formativas que ofrecen as novas tecnoloxías.

Ë importante acadar que as horas investidas en formar aos traballadores se utilicen eficientemente utilizando técnicas que axuden a mellorar a avaliación, a predición, a vixilancia e os procesos educativos.

Moitas disciplinas están a beneficiarse das novas ferramentas formativas e a prevención de riscos laborais non se debe quedar atrás, xa que nos permiten apoiar e motivar o traballo educativo baseadas en estratexias de ensino-aprendizaxe, como por exemplo a gamificación. Dende o ISSGA estamos a traballar nunha aplicación denominada Alertas_ISSGA que ofrece ás persoas traballadoras unha ferramenta de información e sensibilización sobre boas prácticas en PRL en distintas actividades, de xeito didáctico, ameno e sinxelo.

A seguridade é o reto que todos debemos integrar a cotío no noso traballo, por iso tratamos de aprender a previr os riscos laborais, neste caso aproveitando as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.