Novas

Luns, Abril 01, 2013

Publicado o documento “Límites de Exposición Profesional para Agentes Químicos en España 2013”

O Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo (INSHT) publicou xa o documento “Límites de Exposición Profesional para Agentes Químicos en España 2013”.  Este documento substitúe ao do ano 2012 e contén os valores límite que deberán ser tidos en conta para avaliar a exposición a axentes químicos perigosos nos lugares de traballo.
 
O INSHT publicou por primeira vez estes valores límite no ano 1999 e foinos actualizando anualmente. Este documento  e os publicados dende o ano 2010 están dispoñibles na páxina web do ISSGA.