Venres, Xuño 01, 2012
Publicado o Avance de datos de sinistralidade laboral en Galicia do 2011
O ISSGA vén de publicar o Avance de datos de sinistralidade laboral de Galicia do 2011, no que se recollen un conxunto de datos relativos aos accidentes de traballo rexistrados en Galicia no ano 2011.
Trátase dun avance no que se amosan datos de especial interese e que teñen carácter previo á publicación do noso anuario de sinistralidade laboral, en tanto non se estabilizan os datos, e se elabora a publicación tralo tratamento estatís¬tico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tra¬mitados e procesados polo ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais
UN 15,61% MENOS DE ACCIDENTES EN 2011
A sinistralidade laboral en Galicia reduciuse nun 15,61% en 2011 con respecto a 2010, ao rexistrar un total de 31.149 accidentes con baixa en xornada laboral, 5.763 menos que no 2010. De eles, 30.623 foron leves, 474 graves e 52 mortais.
O descenso produciuse nas catro provincias galegas (A Coruña -14,39%, Lugo -12,78%, Ourense -17,24%, Pontevedra -17,37%), destacando que os sinistros mortais baixaron en xeral un 18,75 por cento.
Así mesmo, os accidentes ‘in itinere’, os ocorridos durante os desprazamentos ao ir ou volver do traballo, diminuíron nun 15,04% con respecto ao ano anterior.
Por sectores, o maior descenso rexistrouse na construción (24,64%), seguido da industria (17,8%), dos servizos (11,1%), a pesca (8%) e a agricultura (6,2%).