Mércores, Maio 15, 2024
Publicadas no DOG as resolucións para a elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos das escalas de seguridade e saúde no traballo e de saúde laboral
No DOG nº 94 do mércores, 15 de maio de 2024, publicáronse diversas resolucións da Dirección Xeral da Función Pública en relación coa elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario de diferentes corpos das escalas de seguridade e saúde laboral e de saúde laboral:
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de saúde laboral.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de saúde laboral.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo.
Máis información na seguinte ligazón.