Novas

Venres, Agosto 20, 2010

PUBLICADAS AS FOLLAS DE PREVENCIÓN Nº 21 e 22

PUBLICADAS AS FOLLAS DE PREVENCIÓN Nº 21 e 22

Estes dous números das follas de prevención están dedicados á coordinación de actividades empresariais nas actividades de construción e reparación naval para garantir o control das interaccións das diferentes actividades desenvoltas no centro de traballo.

Na primeira delas, facilítase información sobre os tipos de relacións entre empresas tendo en conta a subcontratación nos distintos centros de traballo así como dos factores de risco e medidas preventivas.

A segunda céntrase no método para a coordinación de actividades para a construción e reparación naval: figuras preventivas, xestión documental, reunións de coordinación, desviacións en materia de coordinación, responsabilidades e funcións e a documentación esixible á empresa principal e auxiliares.

Os seus autores son:

- Víctor Eiroa Bermúdez
- Dolores Gómez Nistal
- Roberto Martínez Vidal
- Cristóbal Martínez Villaverde

Todos eles técnicos superiores de prevención de riscos laborais do SPM ASIME.