Novas

Xoves, Febreiro 06, 2014

Publicada unha reedición da Folla de prevención de exposición laboral a fitosanitarios

Nela defínense os produtos fitosanitarios, a súa composición e clasificación e se describen as actividades a desenvolver no ámbito laboral co obxectivo da protección eficaz da seguridade e saúde dos traballadores expostos a produtos fitosanitarios.

A súa autora é Mª Carmen Arias López, xefa da sección de Hixiene de Campo e Analítica do Centro Issga en Lugo.

A maioría dos produtos fitosanitarios están clasificados como axentes químicos perigosos para a saúde das persoas. Polo tanto, utilizaranse unicamente cando non exista outra alternativa e seleccionaranse os menos perigosos para a praga que se vaia combater. O dano que van producir na saúde dos traballadores expostos a eles vai depender das súas características de perigosidade e das condicións de traballo.

Co fin de acadar a máxima efectividade praguicida e os mínimos danos colaterais, usaranse conforme as indicacións da etiqueta e da ficha de datos de seguridade e unicamente por traballadores cualificados.

Nas avaliacións de riscos dos postos de traballo con exposicións a produtos fitosanitarios deberán constar as medidas preventivas que se vaian adoptar para as condicións concretas da exposición nese posto.

Os traballadores expostos a fitosanitarios deberán someterse á vixilancia específica da saúde.