Novas

Mércores, Abril 05, 2023

Publicada a resolución pola que se convocan 8 cursos de prevención de riscos laborais en tarefas de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar

Coidadoras

O Plan de actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) para o ano 2023 recolle no seu eixe 5 “Promoción da prevención, mellora da xestión e redución da sinistralidade” un programa específico dirixido as persoas traballadoras de atención directa a persoas con dependencia na ficha 5.25. Persoal coidador de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar, xa que se considera que este colectivo presenta unha serie de peculiaridades que fai preciso establecer un programa específico para o mesmo, especialmente no referido á prevención de trastornos musculoesqueléticos (TME). Este programa inclúe o desenvolvemento de accións formativas.

En consecuencia, convócanse 8 cursos de prevención de riscos laborais en tarefas de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar de 16 horas de duración, gratuítos, de carácter teórico-práctico, que se distribúen en catro xornadas, co obxectivo proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia, mellorar a calidade do traballo destas tarefas de especial risco e sensibilizar na importancia da prevención para diminuír os accidentes laborais no sector.

As datas e lugares de realización dos cursos son:

A Coruña

  • Ferrol: 26 de maio, 2, 9 e 16 de xuño de 2023. De 10:00 a 14:00 horas.
  • Outes: 27 de maio, 3, 10 e 17 de xuño de 2023. De 16:00 a 20:00 horas.

Lugo

  • O Incio: 23 e 30 de setembro e 7 e 21 de outubro de 2023. De 10:00 a 14:00 horas.
  • Burela: 22 de abril e 13, 20 e 27 de maio de 2023. De 10:00 a 14:00 horas.

Ourense

  • Sarreaus: 6, 13, 20 e 27 de maio de 2023. De 10:00 a 14:00 horas.
  • A Peroxa: 7, 21 e 28 de outubro e 4 de novembro de 2023. De 10:00 a 14:00 horas.

Pontevedra

  • Silleda: 4, 11, 18 e 25 de maio de 2023. De 16:00 a 20:00 horas.
  • Tomiño: 2, 9, 16 e 23 de setembro de 2023. De 10:00 a 14:00 horas.

 

O ISSGA manterá actualizada na súa páxina web a información sobre as datas, horario e lugares onde se impartirán os cursos.

Para ter máis información e inscribirse, ver o documento que se anexa ou contactar en:

  • Teléfono: 981392209
  • Correo electrónico: direccion [at] gplus.es (direccion[at]gplus[dot]es) ou issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal)