
O Plan de actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) para o ano 2023 recolle no seu eixe 5 “Promoción da prevención e redución da sinistralidade” un programa específico para o sector forestal, actividade da silvicultura e industria madeireira, que inclúe o desenvolvemento de accións formativas en materia preventiva.
En consecuencia, convócanse 6 cursos de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira de 15 horas de duración, gratuítos, de carácter teórico-práctico, que se distribúen en tres xornadas, co obxectivo de proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais deste sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como dunha cultura preventiva e diminuír os accidentes laborais no sector.
As datas e lugares de realización dos cursos son:
A Coruña
- Narón: pendente. Publicarase na web do ISSGA
- Brión: pendente. Publicarase na web do ISSGA
Lugo
- O Vicedo: 5, 6 e 7 de xuño. De 15:30 a 20:30
- Lugo: pendente. Publicarase na web do ISSGA
Ourense
- O Barco de Valdeorras: 10, 11 e 12 de maio. De 16:00 a 21:00.
Pontevedra
- Oia: 3, 4 e 5 de maio. De 09:00 a 14:00
O ISSGA manterá actualizada na súa páxina web a información sobre as datas, horario e lugares onde se impartirán os cursos.
Para ter máis información e inscribirse, ver o documento que se anexa ou contactar en:
- Teléfono: 981551704 - 659515371.
- Correo electrónico: issga.formacion@xunta.gal
- Documentos