Novas

Martes, Xaneiro 22, 2013

Publicada a oferta formativa do ISSGA para o 2013

No desenvolvemento de accións de información, divulgación e formación en materia preventiva e dando cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011 - 2014, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), a través dos seus catro centros provinciais, leva adiante actividades formativas dirixidas a todos os protagonistas da prevención: traballadores/as, empresarios/as e profesionais.

Ademais dos cursos básicos de prevención de riscos laborais, terán lugar 22 xornadas técnicas sobre diversos temas de interese preventivo, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral dos traballadores e traballadoras galegos.

Para unha maior información pódese consultar o apartado de oferta formativa da nosa páxina web, premendo na ligazón que figura ao final desta páxina.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS 2013

Haberá un total de 43 accións formativas, repartidas do seguinte xeito:

MODALIDADE PRESENCIAL

Cursos básicos de prevención de riscos laborais - 35 horas

- A Coruña: 4
- Lugo: 2
- Ourense: 2
- Pontevedra: 4

Xornadas técnicas:

- A Coruña: 6
- Lugo: 4
- Ourense: 5
- Pontevedra: 7

MODALIDADE A DISTANCIA

Cursos básicos de prevención de riscos laborais – 60 horas: 9 edicións