Novas

Venres, Xaneiro 20, 2012

Publicada a oferta formativa do ISSGA para o 2012

No desenvolvemento de accións de información, divulgación e formación en materia preventiva e dando cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011 - 2014, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), a través dos seus catro centros provinciais, leva adiante actividades formativas dirixidas a todos os protagonistas da prevención: traballadores/as, empresarios/as e profesionais.

Ademais dos cursos básicos de prevención de riscos laborais, terán lugar 29 xornadas técnicas sobre diversos temas de interese preventivo, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral dos traballadores e traballadoras galegos.

Para unha maior información pódese consultar no apartado de oferta formativa da nosa páxina, www.issga.es.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS 2012

Haberá un total de 41 accións formativas, repartidas do seguinte xeito:

MODALIDADE PRESENCIAL

Cursos básicos de prevención de riscos laborais - 35 horas

- A Coruña: 4
- Lugo: 2
- Ourense: 2
- Pontevedra: 4

Xornadas técnicas:

- A Coruña: 10
- Lugo: 6
- Ourense: 7
- Pontevedra: 6

MODALIDADE A DISTANCIA

Cursos básicos de prevención de riscos laborais – 60 horas: 3 edicións.