Novas

Mércores, Febreiro 06, 2013

Publicada a folla de prevención nº 34 - Prevención de riscos laborais con maquinaria agrícola

Esta folla contén información de interese sobre a prevención de riscos laborais coa maquinaria agrícola en xeral e co tractor en particular.

Na primeira parte aclárase o que se considera maquinaria agrícola, os seus requisitos básicos en materia preventiva, a seguridade viaria na condución de vehículos agrícolas así como o rexistro oficial de maquinaria agrícola (ROMA) e os perigos máis comúns destas máquinas.

Na segunda parte, dedicada ao tractor, faise referencia ás súas normas de seguridade, os perigos máis importantes e as medidas preventivas que debemos ter en conta para evitar accidentes con este tipo de maquinaria..

A súa autora é Esther Varela Cerdeira, técnica superior en Prevención de Riscos Laborais do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral – ISSGA.