Novas

Luns, Abril 25, 2011

Publicada a folla de prevención nº 25

Xa está dispoñible a folla de prevención nº 25 – Prevención de riscos laborais de orixe eléctrica (I).

Esta é a primeira dunha colección de follas de prevención dedicadas ao risco de orixe eléctrica.

Nela facilítase información sobre os danos producidos polo risco eléctrico, os efectos da corrente e os tipos de contactos eléctricos.

Os seus autores son:

Héctor González Nóvoa.
Arquitecto e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.

Ángel López Álvarez
Enxeñeiro industrial e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.

Paco Garrido Carballo.
Enxeñeiro técnico industrial e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais de FREMAP.