Novas

Venres, Febreiro 26, 2010

Publicada a Folla de Prevención nº 16

Publicada a Folla de Prevención nº 16

Xa está dispoñible un novo número da colección de Follas de Prevención do ISSGA, que neste caso está adicado "As doenzas profesionais".

Nela defínense os danos derivados de traballo e se facilita información sobre o novo cadro de doenzas profesionais e a súa notificación, a vixilancia da saúde na súa detección así como as peculiaridades das prestacións económicas por doenza profesional.

A súa autora é Nieves Lorenzo Espeso, médica especialista en medicina do traballo e Técnica Superior en prevención de riscos laborais do ISSGA.