Mércores, Decembro 16, 2009
Publicada a Folla de Prevención nº 14
Esta nova Folla de Prevención leva por título "Electricidade estática en oficinas. Lipoatrofia semicircular".
Na primeira parte desta folla de prevención facilítase información sobre a electricidade estática en oficinas, os seus perigos e medidas correctoras; a continuación descríbese a lipoatrofia semicircular, as súas causas e factores de risco e como actuar ante ela.
A súa autora é Lucía Ferrón Vidán, doutora en Bioloxía e Técnica Superior de Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.