Venres, Outubro 23, 2009
Publicada a Folla de Prevención nº 13
Esta nova Folla de Prevención publicada polo ISSGA leva por título “Prevención da silicose nos talleres de elaboración de pedra natural”.
Nela descríbese que é a sílice, cales son os efectos para a saúde, quen está en risco e onde se pode atopar. Así mesmo, faise referencia á avaliación de riscos e ás medidas preventivas.
O seus autores son Alfonso Manuel Pérez Santiago (biológo), José Ángel Piñeiro Bernárdez (químico) e Manuel Gil Fernández (médico), todos eles técnicos do Centro de Seguridade e Saúde Laboral do ISSGA en Pontevedra (Rande-Redondela).