Novas

Martes, Xullo 02, 2013

Publicada a actualización do Protocolo de Vixilancia Sanitaria Específica do Amianto

O novo volume editado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade,  é a versión revisada e actualizada do Protocolo de Vixilancia Sanitaria Específica do Amianto informado favorablemente pola Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde en 2003, e pretende proporcionar aos profesionais implicados na prevención de riscos laborais, especialmente aos sanitarios, unha guía de actuación para a vixilancia sanitaria específica dos traballadores expostos a amianto, será revisado periodicamente, na medida que así o aconselle tanto a evolución da evidencia científica dispoñible como a súa aplicación concreta nos centros de traballo.
 
O protocolo pois substitúe á anterior versión e debe ser xa utilizado para a vixilancia da saúde específica dos traballadores que están ou estiveron expostos a este risco. Pódese descargar no seguinte enlace.