Novas

Xoves, Outubro 31, 2019

Publicacións do INSST sobre traballos en cubertas e riscos ergonómicos e psicosociais no sector hoteleiro

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo publicou os seguintes documentos :

 

O informe elaborado polo Subgrupo de Traballo Análise da Sinistralidade e as súas Causas en Obras Menores pertencente ao Grupo de Traballo de Construción da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), constatou que a maior parte dos accidentes de traballo en obras menores prodúcense por golpes como resultado dunha caída de altura. Conforme ao devandito informe, máis do 60% dos accidentes en obras menores investigados orixínanse por unha caída de altura, dos cales, preto da metade prodúcense desde unha cuberta (xa sexa por caída desde o equipo de acceso, por caída desde o bordo da cuberta ou a través desta pola rotura das cubricións ou translúcidos).

As causas principais destes accidentes son a non identificación dos riscos que materializaron o accidente, a falta de métodos de traballo e a ausencia/deficiencia de proteccións fronte a caídas de altura.

Esta guía pon a disposición información sobre: a caracterización do sector hoteleiro en España, os riscos ergonómicos e psicosociais máis presentes no mesmo e a xestión, avaliación e intervención específica sobre os mesmos considerando as particularidades do sector.

Preténdese facilitar o desenvolvemento dunha xestión adecuada dos riscos ergonómicos e psicosociais habitualmente presentes neste tipo de actividades de aloxamento, organizando a información nas áreas funcionais definidas no V Acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostalería.