Venres, Abril 16, 2010
Produtos químicos perigosos: a nova etiqueta: folleto informativo.
A etiqueta dun produto químico perigoso é a primeira fonte de información sobre o risco químico do produto.
O Regulamento CLP (Regulamento CE nº 1272/2008) sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas é o que regula agora a clasificación e etiquetaxe dos produtos químicos perigosos.
Este regulamento xa entrou en vigor o pasado 20 de xaneiro de 2009. No entanto, establécense uns períodos transitorios ata a súa aplicación total.
Isto tradúcese en que a partir do 1 de decembro deste ano as etiquetas das substancias perigosas terán que rexerse por este regulamento obrigatoriamente e polo tanto van cambiar e a partir do 1 de xuño de 2015 tamén terán que facelo as etiquetas das mesturas de produtos químicos clasificadas como perigosas. Polo de agora a utilización desta nova etiqueta só é voluntaria.
O ISSGA elaborou un folleto despregable (políptico) no que se indican cales son os novos elementos que deben figurar na etiqueta e como interpretar este novo sistema de comunicación do risco.
Tamén poñemos a disposición de todos os interesados na nosa web, a listaxe de frases H (substitúen ás frases R) e frases EUH, frases P (substitúen ás frases S), e as definicións e división en categorías dos canceríxenos, mutaxénicos, tóxicos para a reprodución e sensibilizantes, xunto cos elementos que figurarán nas súas etiquetas.
O ficheiro zip contén os seguintes documentos:
- Produtos químicos perigosos: a nova etiqueta (en versión folleto e versión despregable)
- Frases H e EUH
- Frases P
-Información relativa a canceríxenos, mutaxénicos, tóxicos para a reprodución (CMR) e sensibilizantes